martes, 30 de noviembre de 2010

DÍAS DE FÁBULA

No CEP Caixanova estamos facendo un concurso de fábulas!!!

Cada semana, buscamos polas paredes do colexio pistas que nos leven a descubrir cal é o título e a sentenza ou ensinanza moral de dita fábula.
Esta semana puidemos ler o seguinte:

A filla dun granxeiro levaba unha vasilla chea de leite a vender á aldea e comezou a facer plans futuros: "cando venda este leite, comprarei  trescentos ovos. Os ovos, daranme polo menos douscentos polos. Os polos estarán listos para vendelos cando o seu prezo estea no máis alto, e así para o final do ano comprarei un vestido para ir ás festas, e estarei tan guapa que todos me quererán" Pero nese momento tropezou cunha pedra, caendo co leite no chan....e así, todos os seus plans remataron nun instante"

Ao mesmo tempo que víamos as partes da fábula tamén puidemos ver diferentes cadros que nos daban pistas para adiviñar o seu título, como por exemplo "La lechera de Burdeos" de Goya, ou  "La lechera" de Johannes Vermer.


A gañadora do concurso foi Naiara de cuarto curso, que levou un pequeno agasallo por ser a única en adiviñar o título e a sentenza da fábula:
Título: " A leiteira"
Sentenza: Non debemos ser tan egoístas e pensar que podemos telo todo.

FELICIDADES NAIARA!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DEIXA AQUÍ O QUE NOS QUEIRAS DICIR! MR. MONKEY AGRADECERACHO!